A igrexa de Vileiriz, según recolle Elía Valiña Sampedro, no “Inventario Histórico Artístico de Lugo y su Provincia” é de pequenas proporcións pero de gran importancia histórica. O templo conserva íntegra a primitiva fábrica románica, a excepción da espadana e o adintalamiento da sancristía. É un elegante e sinxelo exemplar do románico rural galego. A nave está sobreelevada, cuberta a dúas vertentes sobre armadura de madeira. A portada frontispicio ábrese con arco de medio punto formado por dúas arquivoltas de baquetón, escocias no intradorso e extradorso con rosetas. As escocias dean intradorso van decoradas cun círculo de dentes de serra cara ao interior. Abraza o conxunto un semicírculo exterior de billetes (…) Capiteis vexetais, rudos, de follas carnosas, algunhas rematadas en bóla, ábacos lisos, denacela. Tímpano alintelado, liso, sobre mochetas e xambas con perfil de baquetiña. O lateral sur ten unha portada de medio punto. Un semicírculo de billetes abraza o arco exteriormente. Tímpano liso, alintelado, sobre xambas con salientesmochetas, decorado todo o conxunto cunha sinxela baquetiña. O lateral norte é rectangular, máis reducido e baixo que a nave, a dous vertientes, sobre armadura de madeira. Ventá absidal con arco de medio punto… Columnas acodilladas, de fustes monolíticos, baseas como as das outras portas; capiteis vexetais con follas en dúas ordes rematadas en bólas. Impostas de nacela prolongadas cara aos muros; o dereito, decorado con billetes na sección incisa do muro. Une a nace ó presbiterio un arco triunfal de medio punto, sección rectangular. Impostas lisas. Columnas con capiteis vexetais. Tiña un retablo renacentista – S. XVI, que non se conserva hoxe. Neste relablo estaban as seguintes imaxes:
- A Asunción (0,80), con brazos abertos (S.XVI)
- Virxe con neno (S.XV) – Na casa particular. Tamén en depósito no Museo Diocesano Catedralicio, que se fixo cargo da súa restauración.
- Virxe sedente (0,60), con neno un pouco de lado, este bendice coa dereita, a virxe presenta froita na dereita, peza popular, románica, século XIII – Tamén en depósito no Museo Diocesano Catedralicio, que se fixo cargo da súa restauración.
- Santa cravada a unha cruz (0,80) barroca – desaparecida.
- Talla de o Salvador, titular da parroquia.
-
Imaxe grande de San Antonio.
- Virxen de vestir.
Buenas noches, mi primera pregunta es para saber si cuando dicen VILEIRIZ este nombre se corresponde con VILLAIRIZ. Si esto es así quisiera que me informaran a dónde dirigirme para recabar más datos familiares sobre mi abuela nacida en 1880 y mi padre nacido en 1909 en la localidad de VILLAIRIZ, SARRIA, LUGO. Ambos ya fallecidos, y de los que dispongo de escasos datos, y estos sólo son desde su llegada a Madrid en 1912.
Muchas gracias.
Vileiriz pettenece al municipio o O Páramo, no de Sarria. Su pregunta la he remitido al archivo del Obispado, reiterando su misma petición. Um saludo!
Muchas gracias, ya se han puesto en contacto conmigo desde el Archivo del Obispado y estamos en ello.
Un saludo
José María Díaz