PIÑEIRO

 A parroquia de Piñeiro, no Páramo conta, segundo o senso de 2009, con 78 habitantes. Está conformada polos seguintes barrios: As Cruces, Piñeiro, Quintela, Salgueiredo, San Paio. É de destacar o Castro de Piñeiro, de onde se supón que provén o pobo, situado moi cerca del, dise que os antepasados desta parroquia vivían alí. Tamén é de ter en conta a festa do rosario que se celebra o primeiro in de semana de outubro, con novena incluida. Esta festa, organizada pola Confradía do Rosario, remótase ó ano 1579.

Igrexa parroquial

A igrexa parroquial está situada en lugar aberto, cun atrio-cemiterio en torno. Loce boa pedra de granito. A nave é a dúas augas sobre armadura de madeira, e ceo con bóveda de rasilla. Ten unha porta adintelada e dúas ventás no lateral sur. Pavimento de pedras de lousa. Frontis de boa sillería, sobresaíndo un pouco o corpo que corresponde á linea da espadana. Porta adintelada. Espadana de dúas troneras e cimario con profusa ornamentación, un óculo ovalado coroado por un pináculo e dous pináculos laterais sobre volutas.
O presbiterio é máis reducido e alto que a nave, a catro augas. Ten unha ventá sur e sancristía ao norte. Un arco triunfal de media punto sobre pilastras separa o presbiterio da nave.

Retablos
Ten a igrexa un retablo moderno, liso. Existe tamén un retablo lateral,na parte esquerda da nave, cunha hornavina e catro columas xeométricas con adornos vexetais e un corpo superior, máis pequeno, cun escudo e angelotes a ambos os dous lados.

Imaxes

  •  Virxe da Carmen, con Neno Jesús sobre cueiro e peana con querubines.
  •  Na parte superior do retablo, San Antonio O Salvador (1,03), no centro, cunha cruz na man esquerda, bendí coa dereita. Un solomanto cobre o seu corpo, con aire de pantocrátor. Talla do século XV. Boa.
  • Outra imaxe moderna do Salvador, con bóla do mundo na man izquiedra e bendí coa dereita. Está á esquerda do retablo.
  • Ecce Homo, sentado, á izquerda do retablo, talla típica, popular.
  • Virxe do Rosario, no retablo lateral esquerdo.
  • Imaxe pequena de de virxe do Medugorge.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s