A Cofradía do Rosario (Piñeiro)

Orixe da Cofradía do Rosario de Piñeiro

 De vez en cando entre a documentación oficial aparecen escritos interesantes polos datos que aportan de cara a historia particular dunha parroquia. Tal é o caso dun documento que apareceu hai poucos meses no arquivo parroquial de O Salvador de Piñeiro. Neste documento podemos coñecer a data de fundación da Cofradía do Rosario nesta parroquia: 1579. É un dato interesante saber que nesta época na que se empezaba a espallar o culto á Virxe do Rosario, xa chegase a súa devoción tan rápidamente ás terras do Páramo.

A devoción á Nosa Señora do Rosario na Igrexa remóntase ó ano 1571 coa Batalla de Lepanto. Ante o avance dos turcos cara á Europa Cristiá, o Papa Pío V, pedíu o rezo do Rosario para obter el trunfo dos cristiáns, lográndoo e atribuíndolle o mesmo á intercesión da Virxe María. Esto levouno a instituir oficialmente a festa do Rosario o día 7 de outubro. O Papa Clemente XI extenderá esta festa a Igrexa Universal en 1716, e León XIII (século XIX) dalle maior rango litúrxico a esta devoción. Finalmente durante o pontificado de San Pío X (século XX) quedou establecida definitivamente esta festa.

En Piñeiro séguese a celebrar con gran devoción a festa do Rosario, con novena, misa solemne, procesión e festa popular. O último día da novena sae en procesión a Virxe percorrendo as rúas da parroquia.

Procesión do día do Rosario 2013

Advertisements

2 comentarios en “A Cofradía do Rosario (Piñeiro)

  1. Pingback: Novena á Virxe do Rosario 2014 | O Páramo

  2. Pingback: Novena á Virxe do Rosario 2014 – O Páramo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s