SAN VICENTE

San Vicente de Gondrame

GONDRAME, San Vicente; Reascos, Santa María A primitiva igrexa parece que foi románica, por algúns vestixios que se conservan na actual. Foi couto da Encomenda de Portomarín. Gondrame estivo unida a Ferreiros até 1893 en que se lle une Reascos que pertencía a Adai. Unha disposición dos Priores de Portomarín manda que se toquen as campás á alba, mediodía e anoitecer. Aínda segue este costume no Arciprestado. Hai tempo que só se tocan desde San Marcos até finais do verán. [Elías Valiña: Catálogo de los archivos parroquiales…]

A Igrexa parroquial, con cemiterio ó redor, ten fontis con boa sillería de ganito, cornixas en volutas, espadana con dúas campás. A porta é románica con  tres arquivoltas, pero non se conservan vestixios románicos. A nave, está cuberta a dúa augas, con presbiterio á mesma altura que a nave, pero máis reducido. Arco trunfal de medios punto en arista. Ten sancristía no lateral norte, de pranta asimétrica. O retábulo é renacentista, do século XVII. Ten un corpo de cinco hornacinas e seis columnas de sección cadrada con profunda ornamentación en relevo. Contén as imaxes de San Vicente, San Antonio, San José , tallas do século XIX. No ático ten un Cristo cun fondo de pintura de Jeruralén.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s