Novena á Virxe do Rosario 2014

image

O pasado día 26 de setembro comezamos a novena á Virxe do Rosario, algo que se mantén na parroquia de Piñeiro desde tempos antigos. Como xa escribín noutra entrada desde blog, a festa do Rosario de Piñeiro tivo a súa orixe no ano 1579. Agora saco á luz outros datos tamén interesantes, que son os das parroquias que participaban neste evento. Son informacións extraídas dos libros da cofradía do Rosario. No arquivo parroquial consérvanse actualmente dous libros desta cofradía: Un aberto no ano 1914 (que recolle datos ata 1954) e outro que vai de 1955 a 1965.

Neste último libro recóllense os nomes das parroquia que formaban parte da cofradía, os nomes das casas e os nomes de pía das persoas de cada casa que estaban inscritos. Desde xeito, podemos asegurar que nestes anos integraban a cofradía as parroquias de Piñeiro (con 346 persoas participantes); San Mamede da Ribeira (con 56 inscritos); San Martiño de Torre (10 persoas); Vilasante (10 persoas); San Xoan de Cela (3 persoas); San Xoan de Friolfe (13 persoas). Xa neste libros, obxervamos a participación da parroquia de Cela, que pertence ao concello do Corgo. Pero no libro anterior, podemos comprobar tamén que a devoción á virxe do Rosario de Piñeiro era máis extendida e participaban na confradía, ademáis das xa citadas, estas outras parroquias do Páramo e arredores: San Pedro de la Ribera –sic- (Santandrea); Santiago de Saa; Santa Eufemia de Vilarmosteiro, Santa Catalina de Anseán; San Pedro de Ronfe; San Miguel de Lapío e Santa Marina de Adai.

Advertisements
por José Manuel Castro Alba Publicado en PIÑEIRO