Libro de bautismos de Vileiriz – ano 1666

 Un dos documentos máis antigos que se conservan actualmente no arquivo de Vileiriz é un libro de bautismos que comeza no ano 1666. Trátase dun exemplar un pouco deteriorado na súa parte externa, pois non ten pastas e a encadernación está algo estropeada, pero os datos están totalmente a salvo. Normalmente os libros deste tipo das parroquias da Diocese de Lugo están depositados no Arquivo  Central Parroquial do Bispado de Lugo, pero éste non estaba catalogado ata este momento, pois apareceu entre outra documentación sen importancia da parroquia.

Advertisements