AXENDA PARROQUIAL – AVISOS

A partires de marzo de 2014 iniciamos un proceso de reestructuración nas parroquias do Páramo. Coinciden no tempo a xubilación de D. Edelmiro e a presentación por parte do Bispado dunha campaña que busca fomentar unha mellor vivencia da fe nas parroquias rurais.

Tendo en conta o problema da perda de poboación que está a sufrir o noso campo, a idade cada vez máis avanzada dos sacerdotes e das súas comunidades, que están a ver como o número de veciños descende, é urxente diseñar estratexias que revitalicen as parroquias.

A Diocese de Lugo neste plan de reestructuración parroquial aposta decididamente polo campo e as comunidades rurais, afirmando que teñen futuro. Por este motivo non se van a pechar igrexas, nin deixar de estar presente en todos os rincóns da xeografía diocesana como sempre estiveron os sacerdotes. Non vai a poder ser coas estructuras que uncionaron durante o  século pasado, pois os tempos mudaron e cómpre adaptarse as novas circunstancias. Antes as dificultades que esta reestructuración conleva, o Bispado non apostou pola solución máis doada, como se fixo coa centralización do centro médico e do colexio nun único punto. No plan pastoral vaise facer o esforzo de seguir estando presente no rural coa mesma cercanía que antano, xa que as comunicacións e a mobilidade tanto de sacerdotes como de fieis así o permiten.

No Páramo iniciamos xa este proceso. É unha oportunidade para construir parroquias vivas onde se organicen actividades de tipo social e relixioso que nos unan cada vez máis: catequese de nenos e adultos, coro interparroquial, actividades lúdicas, escolas de oración… invitando á implicación corresponsable dos fregreses nas súas parroquias (consellos parroquiais e económicos…). Para iso, non se pode manter un número elevado de misas os domingos ou festivos, con celebracións rápidas, insulsas, sen participación, e sen tempo para compartir de verdade a fe e medrar nela. A Misa do domingo debe servir de unión entre parroquias, ainda que iso obrigue a desprazarse a varios puntos distintos á parroquia de orixe, pero cercanos a todos.

Na parte dereita desta páxina iremos poñendo os horarios das celebracións para que se poidan cosultar con frecuencia e saber en cada momento onde hai misa o domingo ou as datas de festas, cabodanos ou misas cotidianas por diversos acontecementos. Espero que esta información se transmita e podela entregar tamén en papel os domingos nas igrexas.

Somentes me queda animar a colaboración de todos participando nas eucaristías dominicáis e axudando tamén as persoas que así o queiran e non poidadan desprazarse acercándoos en coche cando un vai á misa neste medio. Hai xa persoas que así o están a facer. Cun pequeno esforzo por parte de todos, de seguro que acadamos este obxectivo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s