O Churrasco de San Mamede

image

Unha tradición xeralizada no Páramo é a de rematar as festas patronales cunha comida veciñal. En cada parroquia varía o tempo e o xeito de celebrala. O que nunca falta son as ganas de xuntarse e de compartir momentos únicos que fortalecen os lazos de unión entre todos os asistentes.
Este ano en san Mamede da Ribeira xuntáronse medio cento de persoas na casa de Mundín, un dos ramistas deste ano. Xantar, cena… e aínda quda algo para outro día!. Pola noite música e moita animación por parte dos máis novos da parroquia.

“Misales”

image

Entre festa e festa vou organizando o arquivo parroquial,  no que cada día se vai amoreando máis documentación.  Unha parte importante da biblioteca,  ademais fos libros sacramentais, son os misales. En cada parroquia consérvanse exemplares de distintas épocas. E para mostra éste de 1751 de san Martiño de Torre.

San Mamede en festas

image

O segundo día das festas de san Mamede da Ribeira congregou a numerosos veciños e achegados. Misa na honra do Patrón e festa amenizadas polas orquestas Noche de Gala e Galaxia. Non faltaron as comidas familiares que se prolongaron durante toda a tarde.

por José Manuel Castro Alba Publicado en A RIBEIRA Etiquetado

Fin de festa do san Lourenzo

image

As festas do san Lourenzo remataron cun churrasco veciñal onde houbo música e moita animación. Tres días de festa onde cada ano se fai mais patente a forte unión entre todos estes fegueses da Montaña de Friolfe.  Nesta ocasión quixeron estreitar máis a relación co párroco invitándoo insistentemente a unirse as actividades de animación.  Ainda que se fixo de rogar, ao final lograron o seu obxectivo.

Convivencia dos maiores do Páramo

O día dez de xuño, despois da Eucaristía na Carballeira, os maiores do Páramo xuntáronse nunha carpa para compartir un xantar de confraternidade. É a edición número 19 desde evento que organiza o concello paramés